PROYECTOS DE INVESTIGACIÓN


Proyecto GAIA. Noticia - abril 2012

Proxecto espacial GAIA

Gaia é unha das misións espaciais clave da Axencia Espacial Europea (ESA) para os próximos anos, concebida co obxectivo de determinar a composición, formación e evolución da nosa galaxia.

Trátase dunha misión de obxectivo fundamentalmente astrométrico (isto é, medirá distancias entre obxetos celestes e os seus movementos nos espazo cunha gran precisión), pero tamén poderá analizar as propiedades e clasificar os diferentes obxetos estelares dentro ou fora da galaxia. Estimamos que fará un censo duns 1000 millóns de obxetos e que descobrerá centos de miles de obxetos ata agora descoñecidos.

gaia1

gaia2

O lanzamento da misión está previsto en agosto de 2013, terá unha duración duns 5 anos e tomará imaxes de cada zona do ceo unhas 70 veces ó longo dese tempo. Isto permitiranos mellorar a calidade dos datos e observar cambios (de brillo, aparición de supernovas, etc.) nos obxetos. Os instrumentos a bordo do satélite determinarán de forma precisa as posicións, distancias, movementos no espazo e as principais características físicas de arredor dun billón de estrelas da nosa galaxia é máis alá da mesma, obtendo ademáis unha distribución detallada en tres dimensións e os movementos no espazo de forma completa ata magnitude 20.

gaia3

Participación del grupo LIA[2] en GAIA

O noso grupo de investigación está formado por físicos, enxeñeiros informáticos e astrofísicos e ten unha ampla experiencia no eido da aplicación de técnicas de procesado de datos e inteligencia artificial en astrofísica, en concreto dende o ano 2001. Nese ano comezaron os primeiros traballos no ámbito da clasificación automática de espectros estelares, pasando pouco máis tarde a formar parte da Rede Española para o desenvolvemento do Observatorio Virtual Español (SVO), dende a súa creación. Esta rede pretende realizar unha explotación de calidade dos datos xa existentes obtidos de misións astronómicas espaciais e telescopios terrestre.

O modelo de xestión adoptado para GAIA asume que o satélite, carga útil e operacións están baixo a responsabilidade da ESA. As actividades científicas lévanse a cabo baixo a responsabilidade de científicos pertencentes ós estados participantes na ESA. Estas actividades inclúen o deseño dos instrumentos, a optimización dos requisitos científicos e a preparación das tarefas de reducción de datos que permitan a xeneración dos formatos científicos fináis.

Como no resto de eidos que abarca o proxecto, as actividades en astrofísica computacional son financiadas dentro de cada país participante, no noso caso mediante diferentes proxectos de investigación do MEC. Cando o proxecto estaba en construcción (agora está na fase final) unha das prioridades foi o desenvolvemento dun prototipo de sistema capaz de estimar os recursos necesarios para o procesamento así como a arquitectura computacional necesaria para levar a cabo esta enorme labor. O que se está conseguindo é crear os algoritmos capaces de analizar de forma eficiente os datos esperables da misión (actualmente utilizando simulacións aportadas polos equipos de traballo).

Volvendo á estructura do proxecto GAIA en global, o Gaia Data Processing and Analysis Consortium (DPAC) é un consorcio de máis de 400 investigadores e enxeñeiros de software organizados para procesar eses datos (DPACNoAuthor.pdf). A páxina web da ESA do proxecto Gaia mantén información xeral sobre o proxecto para todos os participantes así como certa información pública (http://www.rssd.esa.int/index.php?project=GAIA). Este DPAC ten una estructura bastante complexa baseada 9 unidades de coordinación (CU). Os traballos do noso grupo céntranse na CU8: Astrophysical Parameters, liderando o grupo de traballo Outlier Analysis (OA) e colaborando no grupo de traballo General Stellar Parametrizer based on Spectroscopy (GSPSPEC).

EVENTOS

Os días 3 e 4 de abril de 2012 celebrarse na Escola Superior de Marina Civil a reunión xeral da unidade de coordinación 8 (CU8) do Gaia Data Processing and Analysis Consortium (DPAC) do proxecto espacial Gaia da Axencia Espacial Europea (ESA). Esta reunión será organizada por un dos grupos participantes no proxecto, l(ia)2 Laboratorio Interdisciplinar de Aplicaciones de Inteligencia Artificial da Universidade da Coruña e presidida polo coordinador do CU8, Coryn Bailer-Jones, investigador do Instituto Max Planck de Astronomía en Heidelberg (Alemaña). O Vicerreitor de Investigación e Transferencia, Dr. Ricardo Cao Abad, dará a benvida ós asistentes no inicio da primeira sesión.